Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comarca da Mariña queda sen tren durante tres semanas por obras na vía

A comarca da Mariña queda sen tren durante tres semanas por obras na vía

A liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo córtase ata o 30 de abril por automatización e modernización da infraestrutura

Adir activa un plan de transporte alternativo

G24.gal 09/04/2023 18:55

Se tiñan pensado viaxar en tren desde o luns entre Ferrol e Ribadeo, non vai ser posible durante 21 días porque deixa de circular ata o próximo 30 de abril.

O motivo son os traballos de automatización dos sistemas de regulación no treito entre Ferrol e Ortigueira. Neste período Adif activará un plan especial de transporte alternativo para os usuarios da liña por estrada. Nas propias estacións poderanse consultar todos os horarios e as paradas.

Tamén se unen os traballos que Estradas vai realizar para mellorar o sistema de drenaxe en varios treitos da N-642 que comparte coa vía de Feve, como na zona da focha producida á entrada de Burela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar