Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cidade de Ourense rexistrará ata 20 graos de diferenza entre a mínima e a máxima

A cidade de Ourense rexistrará ata 20 graos de diferenza entre a mínima e a máxima

As temperaturas altas, próximas aos 30 graos, caen bruscamente cando se pon o sol

G24.gal 25/09/2023 13:52

A xornada dese luns deixará ata 20 graos de diferenza entre a temperatura máxima e a mínima en Ourense. Unha oscilación térmica moi acusada que se produce porque ás temperaturas se manteñen en valores do verán durante as horas centrais do día, pero caen bruscamente cando se pon o sol.

Entre as seis e as nove desta mañá na capital ourensá non superaron os 11 graos, pero ás cinco da tarde espérase que cheguen aos 30. 

Uns cambios de temperatura que teñen unha incidencia notable nos nosos hábitos diarios, sobre todo á hora de vestir.

A situación manterase o martes aínda que a diferenza entre máxima e mínima na capital ourensá non será tan alta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos