Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia frea o avance do incendio do municipio granadino dos Guájares

A chuvia frea o avance do incendio do municipio granadino dos Guájares

O lume arrasou unhas 5.000 hectáreas e para esta tarde prevese chuvia intensa na zona

G24.gal 13/09/2022 13:23

A chuvia caída esta madrugada facilitou os labores de extinción do incendio que arrasou xa unhas 5.000 hectáreas no municipio granadino dos Guájares.

Durante toda a noite o lume viuse favorecido polos refachos fortes de vento que había na zona e que fixeron que o perímetro do incendio superase os 60 quilómetros.

Máis dun cento de veciños de dúas localidades tiveron que abandonar as súas casas, aínda que xa puideron regresar a elas esta mañá. 

Para esta tarde agárdase chuvia máis intensas, o que evitará que o incendio, que se declarou o xoves pasado, siga avanzando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade