A chuvia convértese nun atractivo turístico máis para quen visita Galicia nesta ponte pasada por auga
A chuvia convértese nun atractivo turístico máis para quen visita Galicia nesta ponte pasada por auga
Por diante, catro días en que facer e refacer plans para unha ponte que estará pasada por auga
Comeza a ponte de Todos os Santos e na contorna da Torre de Hércules, este venres atopamos turistas dispostos a aproveitar ao máximo os seus días de lecer con chuvia ou sen ela.
Quen chega desde as Canarias mesmo cualifica de "exótica" a chuvia prevista para os próximos días en Galicia que ven como un atractivo turístico máis.
De cando en vez haberá que botarlle un ollo ao ceo.
E será mellor non esquecer os paraugas, pero para moitos desta volta a auga non será impedimento para que os galegos e galegas saír cumpran cos costumes e celebracións dos santos e defuntos sexa coas visitas aos cemiterios ou coas celebracións do Samaín e os magostos.
Por diante catro días nos que facer e refacer plans para unha ponte que estará pasada por auga.