Publicador de contidos

Publicador de contidos

A China abre as súas fronteiras e abandona a política de covid cero

A China abre as súas fronteiras e abandona a política de covid cero

Para entrar na China só hai que presentar un test negativo feito 48 horas antes

G24.gal 09/01/2023 13:30

A China abandona definitivamente a súa política de covid cero para loitar contra a pandemia e levanta todas as restricións á circulación nos seus aeroportos e fronteiras terrestres ou marítimas.
Permanecían pechadas desde marzo de 2020 no inicio da pandemia.

Para entrar na China só hai que presentar un test negativo feito 48 horas antes. Pódese circular libremente tamén polo interior do país, o que foi aproveitado por milleiros de persoas para ateigar estacións e terminais na procura dun billete para visitar a familia.

Coincidindo co inicio das vacacións do ano novo chinés, as autoridades estiman que durante os próximos 40 días rexistraranse no país máis 2.000 millóns de desprazamentos, o dobre que o ano anterior.

"Estiven de vacacións na praia hai unha semana e Shanghai está volvendo, polo que vin, á normalidade. Non sei se vai haber novas variantes ou que vai pasar no futuro, pero está sendo máis relaxado do que eu pensaba que ía ocorrer daquela".

No primeiro día deste éxodo vacacional, o número de viaxeiros medrou un 40 por cento con respecto a hai un ano, pero foi a metade dos rexistrados na mesma xornada de 2019, antes da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade