Publicador de contidos

Publicador de contidos

A CEOE rexeita o contrato temporal de tres meses que propón o Goberno

A CEOE rexeita o contrato temporal de tres meses que propón o Goberno

A mesa de negociación volve reunirse este venres

O Goberno busca o apoio da patronal na reforma laboral

G24.gal 18/11/2021 15:08

Goberno e axentes sociais aceleran as negociacións para a reforma laboral con dúas reunións á semana. Na deste venres, abordarán a última proposta de Traballo sobre os contratos temporais. Só poderán facerse para cubrir a baixa doutro traballador ou por picos inesperados na produción. Neste caso, durarán, como máximo, tres meses, e haberá topes segundo o tamaño da empresa. As de ata cinco traballadores, só poderán facer un contrato temporal ao ano, dous no caso das compañías de ata dez empregados e tres se chegan a 30. A partir de aí, establécense porcentaxes sobre o total do cadro de persoal.

"Imos facer todo o posible porque os representantes das empresas do noso país se sumen ao acordo"

O Goberno espera así conseguir o apoio da patronal. A vicepresidenta primeira e ministra de Economía, Nadia Calviño, asegura que o executivo vai "facer todo o posible porque os representantes das empresas do noso país se sumen ao acordo sobre a reforma laboral porque é moito o que nos xogamos".

"A veces é mellor empatar que unha vitoria que non consolide o terreo que imos gañar" 


Tamén os sindicatos prefiren un acordo que inclúa a patronal. Segundo Pepe Álvarez, secretario xeral de UXT, "a veces é mellor empatar que unha vitoria que non consolide o terreo que imos gañar neste proceso".

 "O titular, igual queda bonito, pero non só non arranxara senón que creará máis paro"


Pero dende a CEOE arrefrían as expectativas. Para o seu presidente, "o titular, igual queda bonito, pero non só non arranxara senón que creará máis paro". Di Antonio Garamendi que a súa organización quere chegar a acordos, "pero desta maneira é difícil de chegar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos