Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Casa Real recibiu 307 regalos en 2021 e pecha o exercicio cun superávit

A Casa Real recibiu 307 regalos en 2021 e pecha o exercicio cun superávit

A familia real recibiu 507.700 euros en soldos en 2021 e pecha o exercicio cun superávit de 890.000 euros do orzamento total

G24.gal 27/05/2022 19:25

Unha pandeireta ou unha espada tradicional son algúns dos 170 regalos institucionais que recibiu durante o ano 2021 o rei Filipe VI, mentres que no caso da raíña Letizia figuran varios pendentes, vestidos e bolsos, ademais de moitos libros para ambos.

Zarzuela fixo público este venres, como fai desde hai sete anos, a listaxe dos 307 regalos recibidos polos membros da Familia Real durante o último ano con motivo das súas distintas actividades públicas e dos seus encontros con distintas personalidades e entidades.

Filipe foi quen máis regalos recibiu con 170 seguido por Letizia con 73, mentres que xuntos recibiron outros 40. Boa parte dos regalos recibidos polo rei foron libros así coma pezas conmemorativas de distinto tipo dos eventos en que participou, e distintas obras de artesanía dos lugares que visitou e numerosos cadros, fotografías e esculturas.

As contas da Casa do Rei en 2021

A Casa do Rei tivo un superávit de 889.316 euros nas súas contas do pasado ano, sobre un orzamento inicial de 8,43 millóns, o que lle permitiu ter un saldo na tesourería de 5,8 millóns de euros.

Como fai cada ano desde o comezo do reinado de Felipe VI como xesto de transparencia, o Palacio da Zarzuela publicou na súa web oficial o informe de execución orzamentaria de 2021 unha vez que os seus ingresos e gastos foron auditados pola Intervención Xeral do Estado.

Será a partir do próximo ano cando a supervisión financeira comece a facela o Tribunal de Contas, como se recolleu no decreto de medidas de transparencia aprobado polo Goberno o pasado 26 de abril.

Segundo a auditoría desenvolvida pola Intervención Xeral do Estado, complementaria á da propia Casa do Rei, as contas da Xefatura do Estado "expresan en todos os seus aspectos significativos a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira da institución" a 31 de decembro de 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade