Nicolás Redondo: "Repudiarei calquera partido que dependa de quen deu un golpe de Estado"
O exsecretario xeral do Partido Socialista de Euskadi advirte de que as democracias europeas están en crise
Nicolás Redondo acusa o Goberno de España de xerar desconfianza e de case amordazar o Congreso dos Deputados
Participou nun encontro en Vigo xunto a Albert Rivera, que dixo as grandes reformas "necesitan consensos e unha mirada a longo prazo. Eu vexo o contrario: curtopracismo, partidismo e, ás veces, polarización e sectarismo"
Nicolás Redondo acusa o Goberno de manter conflitos coa xustiza e de aprobar decretos lei que impiden os debates:
"O que fai é quitar ao parlamento, ao Congreso dos Deputados o seu lugar. O desmoronamento das democracias non empeza con grandes golpes, é pouco a pouco".
O exsecretario xeral do PSE-EE participou en Vigo nunha xornada con Albert Rivera. O exlíder de Ciudadanos destacou a necesidade de grandes pactos:
"Porque esas grandes reformas necesitan consensos e unha mirada a longo prazo. Eu vexo o contrario: 'curtopracismo', partidismo e, ás veces, polarización e sectarismo".
Rivera insistiu na necesidade de acometer reformas: "A educación e o talento son dous dos grandes temas pendentes de España".
Tamén avaliou Nicolás Redondo os pactos do PSOE:
"Repudiarei e oporeime con todas as forzas a que ningún partido que goberne España dependa de quen deu un golpe de estado como os independentistas cataláns ou que dependa dun partido como Bildu".
Os dous, xa sen cargos políticos, abordaron con empresarios galegos os novos retos socioeconómicos que enfrontan.