A Casa Branca difunde a imaxe da chamada de desculpa de Netanyahu a Qatar polo ataque
Donald Trump sostenlle o teléfono ao primeiro ministro israelí, que fala co seu homólogo qatarí para pedirlle perdón polo bombardeo do 9 de setembro en Doha

O primeiro ministro israelí pídelle perdon ao primeirio ministro de Qatar polo bombardeo do 9 de setembro en Doha. O exército de Israel atacou na capital qatarí unha delegación de Hamas. O ataque causou a morte accidental dun funcionario de Qatar.
Na fotografía distribuída pola Casa Branca, é unha imaxe en branco e negro no despacho oval e na que o presidente dos Estados Unidos sostén a parte fixa do teléfono. O primeiro ministro de Israel ten o auricular para falar con seu homólogo qatarí e parece estar lendo o papel que ten sobre as súas pernas.
Segundo a Casa Branca, foi unha chamada a tres bandas, primeiro falou Donald Trump con Al Thani, e a continuación, púxose ao teléfono Netanyahu. Di a presidencia dos Estados Unidos, que o primeiro ministro israelí lle expresou o seu profundo pesar ao dirixente qatarí. Lamentou tamén que ao atacar líderes de Hamas violara a soberanía de Qatar, circunstancia que, segundo comunica a Casa Branca, non se volverá repetir, pois, Netanyahu afirmou que Israel "non fará un ataque similar no futuro".