Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Casa Branca tarda catro días en compartir a foto de Trump e o rei Filipe VI

A Casa Branca tarda catro días en compartir a foto de Trump e o rei Filipe VI

A fotografía tomouse no breve encontro entre Trump e o Rei que se produciu durante a Asemblea das Nacións Unidas

G24.gal 27/09/2025 21:21 Última actualización 27/09/2025 21:45

Catro días despois, a Casa Branca compartiu unha fotografía na que por primeira vez posan xuntos Donald Trump e o rei Filipe VI. Coincidiron na Asemblea das Nacións Unidas, á que Filipe VI levaba nove anos sen asistir.

A imaxe foi tomada no "saúdo de cortesía" que tan só durou uns minutos. O mandatario estadounidense exercía de anfitrión nunha cea cos xefes de Estado e de Goberno desprazados a Nova York.

Na instantánea, Trump fai o xesto de aprobación co polgar cara arriba, acompañado á esquerda do rei Filipe e a dereita da súa muller, Melanie Trump.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade