Publicador de contidos
Publicador de contidos

A capitá Jozi deixa o Burela despois de quince anos de carreira

A capitá Jozi deixa o Burela despois de quince anos de carreira

Gañou 5 Ligas, 6 Copas da Raíña e 5 Supercopas

Marcha cara ao Bitonto de Italia

G24.gal 16/01/2024 14:57

O Pescados Rubén Burela perderá a partir deste sábado a porteira Jozi Oliveira. Unha lenda na localidade, unha lenda do fútbol sala que se despide despois de catorce temporadas de servizo en Burela. Jozi Oliveira vaise ao Bitonto italiano.

Co Burela Pescados Rubén gañouno todo. Chegara á Mariña lucense cando a entidade era un proxecto e viviu toda a transformación que o levou a ser o mellor equipo do mundo. O palmarés de Jozi no equipo do Burela é impresionante con 5 Ligas, 6 Copas da Raíña, 5 Supercopas, 6 Copas de Galicia e 1 Futsal Women's European Championship.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar