Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Canarias e as cidades europeas, os nosos destinos preferidos para a Semana Santa

As Canarias e as cidades europeas, os nosos destinos preferidos para a Semana Santa

A campaña da Semana Santa arrinca marcada pola suba de prezos provocada polo conflito en Oriente Medio

G24.gal 22/03/2026 11:09 Última actualización 22/03/2026 12:01

Din nas axencias de viaxes que os galegos viaxamos cada vez máis durante todo o ano e non só en datas específicas como a Semana Santa. Con todo hai quen segue aproveitando estes dias libres para facer unha escapada con destinos como as illas Canarias ou as capitais europeas entre os máis demandados.

" A xente que reservou con máis antelacion opta por cidades europeas como Londres, Berlín, París... viaxes un pouco máis longas." Explica Javier Fontao, da directiva da Asociación Galega de Axencias de Viaxes.

"Vou ir a Suiza porque teño uns amigos alí."

"Igual vou a París eses días ou a semana seguinte, ainda estou vendo os voos para irme eses días."

Os máis previsores xa teñen todo reservado dende hai días, pero tamén hai quen agarda a última hora para deseñar a súa viaxe en función da previsión metereolóxica.

"Os de última hora son máis de coller o coche e viaxar cara a Andalucía, Portugal, Asturias..."

Na campaña de Semana Santa adoitan subir os prezos dos aloxamentos e dos billetes. Unha suba que este ano é máis notoria polas consecuencias do conflito armado en Oriente Medio.

"Apréciase nos combustibles. As compañías aéreas enseguida os repercutiron e en destinos como as Canarias, que tiran moitísimo para o cliente galego, pois xa se está a notar unha suba importante." Di Fontao

A guerra está a afectarlles aos destinos próximos ao conflito cunha caída nas reservas, pero tamén aos voos que habitualmente operaban con escalas na zona, especialmente nas conexións con Asia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade