Cargando resultados...
A calor e a falta de chuvias mingua as reservas de auga en Galicia
Os encoros da conca Miño-Sil están só á metade da súa capacidade

G24.gal
20/07/2022 17:05
A vaga de calor dos últimos días segue minguando as reservas de auga de Galicia. Os encoros da conca Galicia-Costa está ao 65% da súa capacidade.
Se facemos a comparación coa media de auga acumulada na última década, a diferenza sería de máis de 13 puntos.
Máis baixos están aínda os encoros da conca Miño-Sil, a maior de Galicia. Sitúanse ao 52% da súa capacidade, 20 puntos menos que a media de auga embalsada nos últimos dez anos.