Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor dará un respiro no litoral pola entrada de brétemas persistentes

A calor dará un respiro no litoral pola entrada de brétemas persistentes

O vento do noroeste vai traer humidade ao litoral galego

As brétemas, máis persistentes a partir de mañá, farán descender os termómetros

Xente na praia en Portosín
G24.gal 09/05/2022 15:18

Non hai máis que mirar cara ao horizonte para ver como a néboa empezaba xa este mediodía a facer acto de presenza. O vento do nordés está virando a noroeste polo que é probable que unha masa húmida entre dende o Atlántico, unhas brétemas que só se disiparán nas horas centrais do día. Por exemplo en Portosín, onde xa están afeitos a que dure días.

"Quedan 4,5, días incluso semanas  pero bueno esperemos que tamén nos axude para a pesca, mar revolto, ganancia de pescadores", comenta un mariñeiro da vila.

Esta néboa vai facer baixar un chisco os termómetros, pero só no litoral, as zonas de interior como Ourense seguen con temperaturas máis propias do verán. Vai demasiada calor.

"Moita, demasiada, para ser tan pronto". "Pero ben, xa estamos afeitos vivimos en Ourense que é coma a tixola galega,  aquí cocémonos ou morremos de calor". "Non é normal, o que neguen o cambio climático pois máis evidencia que esta non pode haber". "Ímolo levando, pero o certo é que esta calor así de súpeto pois, agradécese que non faga tanto frío pero que non faga tanta calor de momento", opinan dende Ourense.

E con esta calor e a falta de praia, nada mellor que ir ao río pero a refrescarse. Días coma este sorprende ver tanta xente nas termas.

"Primeiro méteste aquí media hora ou o que sexa e logo hai que saír porque se non dáche un vaído". "Están moi quentes a estas alturas do ano e case que preferimos o frío porque o contraste mellor en auga fría que case en auga quente", falan dende as Termas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade