Publicador de contidos

Publicador de contidos

A caída dun carballo sobre un banco alarma os veciños dun barrio de Lugo

A caída dun carballo sobre un banco alarma os veciños dun barrio de Lugo

Os residentes en Acea de Lugo demandan que as árbores sexan revisadas

G24.gal 18/01/2022 13:58

A caída dunha árbore na carballeira de Campos Novos, en Lugo, fixo saltar as alarmas entre os veciños do barrio de Acea de Olga. O carballo, de gran porte, derrubouse sobre un banco, que quedou partido. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.

Na carballeira hai outros exemplares de gran tamaño que tamén poderían caer. Para evitar que se produza unha desgraza, os veciños da zona demandan que sexan revisados polos técnicos municipais. A árbore caída xa foi reposta, mentres que o banco xa foi arranxado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade