Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Efraín impacta de cheo en Estremadura e deixa 14 estradas cortadas e varias zonas inundadas

A borrasca Efraín impacta de cheo en Estremadura e deixa 14 estradas cortadas e varias zonas inundadas

Na localidade cacereña de Puebla de Obando recolléronse nas últimas horas preto de 120 litro de auga por metro cadrado

G24.gal 14/12/2022 14:36

Catorce estradas estremeñas, entre elas a nacional que une as dúas capitais provinciais, permanecen cortadas ao tráfico por mor das chuvias torrenciais caídas na comunidade ao paso da borrasca Efraín.

Na localidade cacereña de Puebla de Obando recolléronse nas últimas horas preto de 120 litro de auga por metro cadrado. Algúns barrios de vilas ribeiregas, como o de Gévora, quedaron illados e os seus veciños foron desaloxados con lanchas pneumáticas pola Garda Civil. Nesta localidade pacense o nivel do río gañou máis dun metro de altura pola achega da auga de chuvia.

Na cidade de Badaxoz tamén foron evacuados un cento de veciños da ribeira dereita do Guadiana e realoxados no Pavillón Polideportivo Municipal. En Castela-A Mancha, a chuvia inundou as instalacións deste Banco de Alimentos de Toledo e estragou boa parte do material almacenado.

En Andalucía as chuvias provocaron un desprendemento que danou a pasarela do Caminito do Rey, un dos principais reclamos turísticos da provincia de Málaga. 

Máis positiva é a influencia que a chuvia ten sobre as marismas do Espazo Natural de Doñana, que despois dun lustro de seca comeza a recuperar o seu aspecto máis icónico.                

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade