Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bandeira ucraína volve ondear en zonas onde Rusia celebrou pseudorreferendos

A bandeira ucraína volve ondear en zonas onde Rusia celebrou pseudorreferendos

Volodímir Zelenski asegura que recuperarán todo o territorio, incluída Crimea

Nove países excomunistas e membros da OTAN denuncian as anexións de Rusia

G24.gal 02/10/2022 14:11 Última actualización 02/10/2022 14:28

A contraofensiva ucraína avanza. O exército ruso ten dificultades para defender unha liña de fronte con máis de mil quilómetros de longo. De Limán, a súa última gran derrota, admitiu que marchou porque as tropas de Kíiv eran superiores.

Volodímir Zelenski asegura que esta semana izarán máis bandeiras ucraínas no Donbás. O presidente subliña que nos espazos que retoman non hai pegada dos pseurreferendos de anexión rusos e que recuperarán todo o territorio. Tamén Crimea, ocupada por Moscova desde 2014.

O secretario de Defensa dos Estados Unidos celebrou o rescate de Limán. Destacou que pon en apuros as tropas rusas, que a usaban como centro loxístico.

Mentres Moscova perde terreo nos espazos que deu o venres por anexionados, seguen sumándose as voces en contra das anexións. Nove países excomunistas e membros da OTAN esixíronlle este domingo a Rusia que se retire inmediatamente do territorio ucraíno.

Escalada do conflito

Da outra banda, a dos amigos de Vladimir Putin, chega porén unha mensaxe que chama á escalada do conflito. Vén do líder de Chechenia, que critica os retrocesos rusos e recoméndalle ao Kremlin empregar medidas máis radicais, entre elas armamento nuclear de baixa potencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade