Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuíza decreta prisión para a autora confesa do crime de Cortegada

A xuíza decreta prisión para a autora confesa do crime de Cortegada

A muller pasou a disposición xudicial esta mañá en Ribadavia

G24.gal 23/12/2021 11:58

A titular do Xulgado de Instrución de Ribadavia decretou o ingreso en prisión para a muller de 26 anos, veciña de Cortegada (Ourense), que confesou voluntariamente matar un home ao que coñeceu por Internet e que este xoves se acolleu ao seu dereito a non declarar.

Un pouco antes das dez da mañá chegaba ao xulgado de Ribadavia a autora confesa do crime de Cortegada, que permanecía detida no calabozo da Garda Civil dende o luns.

Eran pouco menos das dez da mañá e o que se esperaba dela era que se ratificase na confesión espontánea que fixo onte perante a xuíza, durante os rastrexos na contorna do seu domicilio: que asfixiou o home tras administrarlle pastillas e que despois queimou o corpo e se desfixo dos restos.

Pero non foi así. Tal e como lle recomendara o seu avogado o día anterior, negouse a declarar.

As últimas, apareceron esta mesma mañá, no embarcadoiro de Cortegada, o lugar exacto onde a detida lles indicou aos axentes que tirara o móbil da vítima. Os buzos atoparon un móbil, non coincide co que buscaban, pero no lugar había tamén unha tarxeta sanitaria en catalán, cos datos persoais borrados.

Todo quedou baixo precinto da policía xudicial, para comprobar se efectivamente son os efectos persoais da vítima.

Durante estes tres días estivo colaborando na busca na súa propiedade dos restos mortais do home que ela mesma asegurou que asasinara, despezara e queimara logo de durmilo con pastillas e asfixialo.

A vítima é un home de Barcelona de 53 anos ao que coñecera por Internet e que en agosto se desprazara a Cortegada para coñecela persoalmente e estar con ela.

Hoxe negouse a declarar en sede xudicial. A Fiscalía solicita prisión comunicada sen fianza por risco de fuga e de que poida manipular probas, dado que continúan os labores de rastrexo.   Durante a tarde do mércores atopáronse máis restos óseos. Aínda non se determinou se será acusada por homicidio ou por asasinato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar