Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional propón xulgar o exdirector do Popular Ángel Ron por estafa

A Audiencia Nacional propón xulgar o exdirector do Popular Ángel Ron por estafa

Outros doce directivos e á consultora PriceWaterhouseCoopers tamén están acusados por ese delito pola ampliación de capital de 2016

G24.gal 04/03/2024 12:29

O xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama propuxo xulgar o expresidente do Banco Popular Ángel Ronoutros doce directivos e a consultora PriceWaterhouseCoopers (PwC) por delitos de estafa a investidores e falsidade contable na ampliación de capital da entidade bancaria de 2016 á que os investidores acudiron "enganados", posto que os estados financeiros dese ano e de 2015 "non reflectían a imaxe fiel do balance nin do patrimonio".

Nun auto deste mesmo luns, recollido por Europa Press, o titular do Xulgado Central de Instrución Número 4 acorda o arquivo provisional para o expresidente Emilio Saracho, ao non ter ningunha intervención nas vulneracións da normativa contable, senón que, pola contra, di o xuíz, tomou medidas para revisar e avaliar o balance do banco.

Esta causa iniciouse en outubro de 2017, catro meses despois de que o banco fose resolvido pola Xunta Única de Resolución da eurozona, converténdoa nunha das instrucións máis lonxevas da Audiencia Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade