Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia deixa fóra do caso Begoña Gómez o rescate de Air Europa

A Audiencia deixa fóra do caso Begoña Gómez o rescate de Air Europa

 Desimputa o reitor da Complutense e a Güemes no caso de Begoña Gómez

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a súa esposa, María Begoña Gómez (EFE/Chema Moya) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a súa esposa, María Begoña Gómez (EFE/Chema Moya)
G24.gal 16/05/2025 13:35

A Audiencia Provincial de Madrid corrixiu o xuíz Juan Carlos Peinado e levantou a imputación do reitor da Universidade Complutense de Madrid (UCM), Joaquín Goyache, e do exconselleiro madrileño Juan José Güemes na causa en que investiga a Begoña Gómez, esposa do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Nun auto datado o pasado 13 de maio, a Sección 23 da Audiencia madrileña reitera ademais ao xuíz que non pode seguir investigando as axudas a Air Europa "ao quedar fora do obxecto de investigación xa delimitado ao comezo da instrución".

Estímanse os dous recursos ás resolucións referidas á imputación de Goyache e Güemes, que considera "carece de fundamento". Sobre o reitor da Complutense destaca "a ausencia de datos obxectivos incriminatorios"; no caso do exconselleiro madrileño considera que non incorre en contradición con outra testemuña como alega o xuíz instrutor para imputalo.

Os maxistrados tamén revogan a decisión de solicitar información da SEPI sobre as axudas outorgadas a Air Europa "ao quedar fora do obxecto de investigación xa delimitado ao comezo da instrución". 

Precisan, non obstante, que se o instrutor apreciase indicios de feitos novos, podería tramitar unha causa separada.

Os xuíces determinan que se exclúa do procedemento a cuestión relativa ao África Center, que Begoña Gómez dirixiu, porque foi a propia empresa a que quixo contar cos seus servizos.

Por outra banda, confirman a condición de investigado do empresario Juan Carlos Barrabés para indagar nas adxudicacións públicas que recibiu "contando nalgún caso co aval persoal de Begoña Gómez como directora da cátedra".

Tamén manteñen a imputación da asesora de Begoña Gómez, Cristina Álvarez, porque "se deduce a súa colaboración activa nos fins perseguidos pola principal investigada".

Finalmente, o auto considera "útil e pertinente" a citación de Pedro Sánchez como testemuña pola súa asistencia a reunións da cátedra en calidade de presidente do Goberno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade