A asociación luguesa Bico de Leite leva vinte anos asesorando nais na lactación materna
Foi pioneira neste campo, asesoran as nais que queren aleitar pero que non o conseguen
A lactación materna é unha fonte de saúde para o bebé que ademais xera un vínculo emocional e afectivo
A Asociación luguesa Bico de Leite naceu para axudar a aleitar cando hai algún problema e como un foro de nais que comparten un nexo común. Levan vinte anos asesorando as nais.
"O noso reto sempre é conseguir que as nais que queren aleitar o consigan, e brindar un apoio entre iguais", explica Esther Martínez, socia fundadora de Bico de Leite.
"Eu animo a xente a que veña ás reunións, porque algo que parece de sentido común non o é", engade Patricia Rico, vicepresidenta da asociación.
Defenden que o leite materno é o idóneo para o cativo.
"É un tecido vivo, que ten todo o que necesita o ser humano, e evoluciona o bebé", comenta Esther.
Laura, que aleitou tres fillos durante nove anos, salienta o que máis lle prestou da súa experiencia.
"Sentir que era capaz de facelo e o gozo que é dar de mamar", di Laura Fernández, asesora da asociación.
Logo de 20 anos de asociación, segue sendo útil e necesaria.