A área sanitaria Santiago supera os 11.000 casos activos tras rexistrar 800 novos contaxios
Aumenta a presión hospitalaria con 49 ingresados en planta e 7 na UCI
O número de contaxios diagnosticados nas últimas 24 horas na área sanitaria Santiago Barbanza arredor do 800 duplica ao rexistrado na xornada anterior. O total de casos activos aproximase aos 11.100.
A sexta vaga do virus continúa o seu avance e hoxe se manteñen as citacións para seguir detectando casos.
O aumento de contaxios está a notarse na afluencia dos citados e dos que tras presentar síntomas son derivados directamente desde o PAC ou do telefono covid ata este punto de realización das probas. Por responsabilidade e porque dar positivo afecta a súa vida diaria.
Aumenta tamén a presión hospitalaria con 49 persoas ingresadas en planta, 5 máis ca onte, e na unidade de critico onde os enfermos por covid pasaron de 5 a sete.