Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área sanitaria da Coruña supera os 10.000 pacientes con covid

A área sanitaria da Coruña supera os 10.000 pacientes con covid

Descende o número de hospitalizados, salvo na UCI

G24.gal 05/01/2022 13:43

Un de cada cinco casos de covid en Galicia detéctase na área sanitaria da Coruña, que este mércores espertou con case un milleiro de contaxios máis, polo que o número de casos activos sitúase xa nos 10.373.

Segundo o último balance do Sergas, son 61 as persoas que están ingresadas en planta, cinco menos que onte. Hoxe o impacto percíbese na UCI, con 11 pacientes críticos, un máis que o martes.

Con estas cifras, a taxa de positividade sobe case un punto, achegándose ao 21 por certo, ou o que é o mesmo, multiplicando por catro o límite de control da pandemia.

Por outra banda, tamén se está a pedir a colaboración cidadá para evitar aglomeracións nos puntos onde se están a realizar as probas de detección da covid no hospital universitario e tamén no centro de especialidades do Ventorrillo, e deste xeito evitar que os accesos queden colapsados, como sucedeu nas últimas horas, bloqueando o paso aos servizos de emerxencias. 

Insisten en que todos aqueles que estean citados para facer unha PCR ou mesmo un test de antíxenos, deben axustarse á hora que teñen asignada.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos