Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Vigo suma 636 contaxios pero mellora a presión asistencial

A área de Vigo suma 636 contaxios pero mellora a presión asistencial

Baixan, sobre todo, os ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos

G24.gal 25/12/2021 17:45

Só as imaxes de primeira hora da mañá no centro de Vigo, totalmente baleiro, lembran que estamos a 25 de decembro. Unha data sinalada pero ben diferente a de anos anteriores.

As ringleiras de xente nos puntos móbiles de probas diagnósticas continúan incluso en días coma este. A área sanitaria contabiliza 636 novos contaxiados, unha cifra moi alta que a sitúa á cabeza no número de casos activos, é dicir, 6.398.

Seguen crecendo os positivos e no covid auto do Álvaro Cunqueiro o traballo tamén é incesante. Por aquí pasan familias enteiras e e moita cativada. O pico, aínda podería estar lonxe.

Só o número de hospitalizacións dá un respiro. Baixan a 80 o número de persoas ingresadas, seis menos ca onte. Sobre todo melloran as cifras nas UCI. 

Pero aínda queda moito Nadal, por iso o persoal sanitario pide máxima prudencia fronte a unha realidade, a do virus, que segue gañando terreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade