A área de Vigo, a única que supera os 1.000 contaxios novos
A área de Vigo ten 19.489 persoas infectadas
As incidencias máis altas están en Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Ponteareas
"A miña familia case todos, fin de ano só", conta un señor.
"O meu fillo estivo, a miña nora tamén e a miña filla tamén xa a tiveron e a verdade a min preocúpame moito e dáme moito medo, moito medo", apunta unha señora.
O virus parece que atopou acomodo nos concellos máis ao sur da área sanitaria porque son os que teñen as maiores incidencias. En Ponteareas hai 936 persoas infectadas, máis da metade contaxiáronse nestes últimos días, polo que moitos xa prefiren nin falar de vida social.
"Casa, nenos, familia directa e o da barbería nada máis", fala un barbeiro de Ponteareas.
"Nótase que a xente está con medo e sae pouco", explica un hostaleiro de Ponteareas.
"O ambiente enrarecido, de desconcerto total, non fas plans, non sabes o que vai a pasar, vivo cada día e a ver que vén mañá", narra unha rapaza.
A área de Vigo é a única de toda Galicia que suma hoxe máis de 1.000 positivos, con todo é a metade dos que rexistraba a semana pasada, un indicio de que a situación está empezando a mellorar. Hai 3 persoas máis que onte ingresadas en planta e mantéñense as mesmas 10 na UCI. En total hai case 19.500 persoas infectadas. Por agora aínda non se ve o final.
"De momento non, o final está lonxe, aínda que esta cepa é moi suave, pero a xente está asustada", comenta o hostaleiro.