Cargando resultados...
A área de Santiago bate récords de contaxios diarios, con 1.503 casos novos de covid
As infeccións activas sitúanse por riba das 6.700, con 39 ingresados en planta e 4 na UCI
G24.gal
30/12/2021 14:50
Con 1.503 casos novos rexistrados en 24 horas, a área sanitaria de Santiago bate por segundo día consecutivo as marcas de contaxios diarios dende o inicio da pandemia. Son 530 positivos máis ca o día anterior.
As infeccións activas xa superan as 6.700. Onte pasaban por primeira vez das 5.000 nesta sexta vaga da pandemia.
Malia que a explosión de contaxios continúa, non se traduce ao mesmo ritmo na presión hospitalaria. Hai 39 persoas ingresadas en planta, cinco máis que onte, e catro pacientes críticos na UCI.