Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alta demanda provoca a escaseza dos test de antíxenos nas farmacias

A alta demanda provoca a escaseza dos test de antíxenos nas farmacias

Xúntanse as persoas que mantiveron un contacto estreito cun positivos e as que queren celebrar as festas do Nadal con máis tranquilidade

G24.gal 29/12/2021 21:29

A escalada da incidencia da covid e estas festas de Nadal teñen disparada a venda de test de antíxenos nas farmacias. Nun mes a demanda multiplicouse por cinco.

De novembro a decembro as vendas de test de antíxenos medraron en máis dun 500 por cento. Son datos dunha consultora para o conxunto de España. A demanda medrou tanto porque se xuntaron o aumento de contaxios con estas festas de Nadal.

Ás farmacias chegan a mercar os test de antíxenos os contactos con positivos e tamén os que non o son, pero que queren acudir ás reunións familiares típicas destas datas con seguridade. Así, coa demanda disparada, os test de antíxenos escasean nas farmacias.

As probas están chegando de xeito intermitente, non lles chegan todos os días nin tampouco a cantidade que piden. E tan pronto como chegan, voan. Esgótanse nun momento.  

Desde o Colexio de Farmacéuticos da Coruña contan con que a finais desta semana empecen a recibir máis cantidade de test de antíxenos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos