Publicador de contidos

Publicador de contidos

A alcaldesa de Lobios cre que a eléctrica portuguesa EDP sobreexplotou o encoro do Lindoso

A alcaldesa de Lobios cre que a eléctrica portuguesa EDP sobreexplotou o encoro do Lindoso

Portugal restrinxe a produción eléctrica na presa, que está ao 14 % da súa capacidade

G24.gal 01/02/2022 23:27

A alcaldesa de Lobios María José Yáñez sinala a eléctrica EDP-Energias de Portugal como responsable da sobreexplotación do encoro do Alto do Lindoso. 

A presa, situada entre os concellos ourensáns de Lobios e Entrimo, está ao 14 por cento da súa capacidade. Ante esta situación, o Goberno portugués restrinxiu a produción eléctrica. María José Yáñez destaca que os outros encoros da zona non están en niveis tan baixos, malia a seca deste mes de xaneiro.

De momento, nin o concello de Lobios nin o de Entrimo teñen problemas de abastecemento, porque se fornecen doutros ríos e mananciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade