Publicador de contidos

Publicador de contidos

Á alcaldesa da Coruña non lle consta unha terceira denuncia de acoso laboral, e avisa: "Baten en ferro frío"

Á alcaldesa da Coruña non lle consta unha terceira denuncia de acoso laboral, e avisa: "Baten en ferro frío"

O rexedor de Barbadás gobernará tan só con 3 dos 17 edís da corporación municipal

Besteiro apraza o debate sobre os casos de acoso ata o 10 de xaneiro 

(EFE/Moncho Fuentes)
G24.gal 23/12/2025 14:11

O Partido Socialista de Galicia reunirá un Comité Nacional Extraordinario este próximo 10 de xaneiro para abordar a crise aberta polas denuncias por suposto acoso presentadas na canle interna do partido.

Así o decidiu a Comisión Executiva nacional galega reunida este luns e coa que o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, pretende pechar un episodio que ameaza o seu liderado no partido, cuestionado nos últimos días por militantes e cargos que critican o seu proceder nesta crise.

Nun comunicado de prensa, xa que non houbo comparecencia pública do propio Besteiro ou alguén da súa Executiva para dar conta do abordado e decidido na reunión deste luns, á que tampouco se permitiu acceder aos medios gráficos antes da mesma para coller declaracións, asegúrase que o Comité Nacional extraordinario "marcará o inicio do ano político da organización e servirá para definir un calendario de accións para as próximas eleccións municipais", para a continuación anunciar que "un dos asuntos que se abordarán será a análise das denuncias por presunto acoso sexual e laboral coñecidas, así como as actuacións e decisións adoptadas polo partido desde que se tivo coñecemento dos feitos".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, dixo que se nega a "contribuír á máquina do lodo" do PP, e ao ser preguntada pola suposta terceira denuncia interna no partido por acoso laboral contra ela, asegura que "non" ten "constancia" e avisa que "baten en ferro frío". As outras dúas foron as presentadas, a través da canle interna do PSOE, polas exconcelleiras Eva Martínez Acón e Esther Fontán. "Se o PP considera que existe algún delito, ten que ir ao xulgado", manifestou Rey, que insiste en que non ten máis nada que dicir. "Non vou contribuír á máquina do lodo", engadiu.

A rexedora di estar "moi tranquila" e sinalou que, "por desgraza, o PP converteu o acoso nunha forma de facer política", dedicándose á "deshumanización e descualificación permanente". Inés Rey asegurou que ela vai seguir "traballando polos cidadáns e pola cidade", sen "insultar a ninguén nin entrar neste tema"

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinou un decreto para repartir novas delegacións tras a renuncia de cinco concelleiras do Goberno local despois das acusacións públicas contra o rexedor por un presunto caso de acoso laboral.

Valcárcel, que non dimite, agradece o traballo das concelleiras que deixaron as súas responsabilidades, destacando especialmente á que foi tenente alcalde durante os dous últimos mandatos e en quen depositou total confianza durante 20 anos.

Con este cambio, Daniel Rey asumirá, ademais das súas competencias en Emerxencias, Disciplina Ambiental e Gardería Forestal, tamén a Tenencia de Alcaldía e a coordinación de Urbanismo, Vías e Obras, Servizos Públicos, Parques e Xardíns, Servizos Sociais, Saúde e Igualdade.

Pola súa banda, José Manuel Morgade, que xa estaba á fronte de Promoción Económica, Turismo, Recursos Humanos e Formación, engade á súa responsabilidade a segunda Tenencia de Alcaldía, así como as áreas de Educación, Comercio, Cultura e Participación Veciñal.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, asumirá directamente a xestión da Policía Local, Facenda, Deportes e Mocidade. Valcárcel, xa expulsado do PSOE, gobernará así con tan só 3 dos 17 edís da corporación municipal. Defende a súa decisión por que "é o máis beneficioso para Bardadás" pola "situación de fragmentación política". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade