Os pediatras propoñen iniciar a retirada da máscara nas aulas o 28 de febreiro
Consideran que a situación epidemiolóxica e a campaña vacinal son favorables
Os pediatras consideran as escolas espazos controlados e seguros, ideais para iniciar o camiño cara unha normalidade sen máscaras. Se o Ministerio de Sanidade atende a súa recomendación, os nenos poderían comezar a despedirse da máscara nas aulas a partir do 28 de febreiro.
A Asociación Española de Pediatría suxire un proceso graduado que comezaría cos nenos de primeiro e segundo de primaria e que remataría antes de xuño. Isto permitiría, explica o pediatra e epidemiólogo clínico Quique Bassat "comprobar se entre os adolescentes, que é o grupo en idade escolar con maior risco, se produce ou non un aumento na transmisión, o que nos daría o pistoletazo de saída para eliminar tamén a máscara nos adultos".
A retirada da máscara nas aulas produce desconfianza entre as comunidades autónomas. Polo momento, só Madrid, Cataluña e Cantabria apoian abertamente unha medida que loxicamente tamén é obxecto de debate nas familias.
O impacto negativo das máscaras na aprendizaxe e na adquisición da linguaxe é algo sobre o que chaman a atención os logopedas e os docentes favorables á proposta da Asociación Española de Pediatría