Publicador de contidos

Publicador de contidos

A actriz Meryl Streep gaña o Premio Princesa das Artes

A actriz Meryl Streep gaña o Premio Princesa das Artes

O xurado ensalzou "a súa honestidade e a responsabilidade" á hora de elixir os seus traballos

Salientan que dignificou o arte da interpretación e valoran que a ética e a coherencia trascendan a través do seu traballo

É a intérprete máis veces candidata aos Óscar e aos Globo de Ouro de toda a historia

G24.gal 26/04/2023 12:55 Última actualización 26/04/2023 13:54

A actriz estadounidense Meryl Streep foi distinguida este mércores co Premio Princesa de Asturias das Artes 2023, trátase da intérprete máis veces proposta aos Óscar e aos Globo de Ouro de toda a historia.

O xurado enxalzou "a honestidade e a responsabilidade" da actriz estadounidense á hora de elixir os seus traballos "ao servizo de narrativas inspiradoras" e "por dignificar a arte da interpretación e conseguir que a ética e a coherencia transcendan a través do seu traballo, coa virtude de subliñar que os seres humanos, e concretamente as mulleres, deben latexar e salientar a partir da súa singularidade, da súa diferenza".

A candidatura de Streep, a segunda actriz en ser galardoada co Princesa das Artes tras Nuria Espert en 2016, foi proposta polo director Pedro Almodóvar, merecedor do mesmo galardón en 2006.

Traxectoria profesional

A emblemática actriz, tamén recoñecida polo seu papel activista en labores sociais, humanitarios, feministas e ecoloxistas, foi distinguida ao longo da súa extensa carreira con tres Premios Óscar e conta con nove Globos de Ouro, dun total de 32 candidaturas, ademais de dous Bafta da Academia Británica.

Streep iniciou a súa carreira cinematográfica nos anos setenta e conta con máis de sesenta películas en que interpreta algunhas das personaxes máis recordadas da historia do cine.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade