Publicador de contidos

Publicador de contidos

A achega de Corrales, decisiva para que España conquiste o bronce mundial

A achega de Corrales, decisiva para que España conquiste o bronce mundial

O porteiro cangués entrou na segunda metade cun 22-18 e propiciou a remontada da selección española ante Suecia (33-39)

G24.gal 29/01/2023 20:57

Houbo un antes e un despois na pelexa polo terceiro posto desde a entrada do porteiro cangués Rodrigo Corrales. A defensa e a portería españolas non funcionaran nun primeiro tempo en que o equipo local, que xogaba diante do seu público, dominaba por 22-18.

Pero Corrales estivo magnífico baixo paus. Realizou tres paradas incribles dun xeito case consecutivo e propiciou contragolpes que lle permitiron a España igualar o encontro. Iso mudou a dinámica do partido, o ataque de Suecia perdeu eficacia e a confianza española medrou sabendo do muro que tiñan na portería. 

Rodrigo Corrales acabou como o factor chave do bronce conquistado por España. O parcial do segundo tempo fala ás claras da súa importancia (11-21). Un novo metal para un equipo asentado na elite mundial desde hai tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade