Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ACB, primeira competición que volve tras o Nadal

A ACB, primeira competición que volve tras o Nadal

O Breogán recibe o martes o Baskonia

O Obradoiro visita o venres o Fuenlabrada

G24.gal 25/12/2022 13:07

Non hai que agardar moito para a volta da liga ACB. O martes as sete o Breogán inaugura a décimo terceira xornada cun compromiso ben complicado. Logo do seu triunfo na cancha do Betis a pasada fin de semana, o equipo lugués recibe o Baskonia. Os de Mrsic pelexarán polo seu sétimo triunfo para intentar situarse entre os oito primeiros. Aínda que, de momento, o técnico croata apúntase á filosofía do corto prazo.

"Imos partido a partido, pensando como mellorar individualmente, e tamén como equipo, en non repetir erros. Así que non pensamos na Copa, imos ir partido a partido e a ver onde chegamos", dicía Mrsic.

O Baskonia vén de gañarlle con comodidade a un Fuenlabrada que será o rival do Obradoiro o vindeiro venres. O equipo santiagués viaxará a Madrid coa intención de recuperarse tras a derrota ante o Joventut. Moncho Fernández amosaba ese día a súa preocupación polo estado físico de homes como David Walker ou Leo Westerman. O base francés reapareceu nese encontro despois dun mes de baixa por problemas musculares.

"A mellor noticia é que volveu Westerman", indicaba o técnico santiagués. "Walker é unha montaña rusa, hai días que está mellor, e días que está peor. A ver se mellora da fascite para que poida estar en perfectas condicións, á marxe dos minutos que xogue."

Un triunfo do Obradoiro deixaría ao Fuenlabrada a tres vitorias do equipo santiagués.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos