Cargando resultados...
873 aspirantes a 70 prazas de policía local en 29 concellos galegos
As oposicións comezan esta semana e rematan en febreiro
Colaboración dos concellos coa Academia Galega de Seguridade Pública
G24.gal
17/01/2022 17:26
873 aspirantes a 70 prazas de policía local en 29 concellos galegos. É a primeira oposición que se vai celebrar das previstas para este ano en Galicia.
Os aspirantes comezarán coa primeira das probas esta mesma semana e agárdase que o proceso selectivo estea concluído no mes de febreiro.
A oposición realízase a través dun programa de cooperación entre os concellos e a Xunta de Galicia mediante a Academia Galega de Seguridade Pública, un organismo onde deberán completar a súa formación quen obteña praza.
Todos os aspirantes deberán presentar certificado de vacinación ou proba PCR negativa antes de acceder aos exames.