Cargando resultados...
75 anos de Galaxia nos arquivos de TVG
Boa parte do galeguismo que sobreviviu a Guerra Civil estivo na Asemblea fundacional de galaxia en Santiago
Xaime Isla Couto foi quen tivo a idea do nome, Galaxia, para darlle un sentido universal á obra que estaban realizando
Galaxia publicou uns 3.500 títulos de 1.500 autores e conmemora o 75 aniversario co lema 'Crear porvir'
G24.gal
12/02/2025 15:06
Última actualización 12/02/2025 16:25
A editorial Galaxia celebra o seu 75 aniversario, e no Zigzag remexemos nos fondos de arquivo da Televisión de Galicia para escoitar os seus fundadores. Falaban dos inicios da editorial en entrevistas antigas feitas nesta casa. Comezamos, non pode ser doutro xeito, polo principio, 1950.