Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destina 6,4 millóns en axudas para proxectos de renovación da frota pesqueira

A Xunta destina 6,4 millóns en axudas para proxectos de renovación da frota pesqueira

Xa se poden solicitar as achegas para mellorar a sostibilidade dos barcos

Os interesados teñen un mes para presentar as solicitudes

G24.gal 22/01/2026 14:09

Dende hoxe xa se poden solicitar as axudas para a mellora dos barcos cara a unha pesca máis sostible. A Xunta vai destinar 6,4 millóns de euros para proxectos de renovación da frota que fomenten a economía circular, melloren a seguridade a bordo ou que reduzan as emisións de CO2. Os interesados teñen un mes para presentar as súas solicitudes. 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou que "son axudas a investimentos na frota para mellorar a sostibilidade das pesqueiras, fomentar a economía circular, o valor engadido dos produtos ou mellorar a seguridade a bordo. E tamén para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de CO2".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade