Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 86 % da poboación galega ten a pauta completa, logo dun ano de campaña

O 86 % da poboación galega ten a pauta completa, logo dun ano de campaña

O proceso da vacinación comezaba o 27 de decembro de 2020

G24.gal 26/12/2021 13:44

Hai un ano aínda non tiñamos dentro das conversas termos coma Pfizer, Moderna ou Janssen. A vacina é a gran protagonista deste 2021 e a bandeira da loita contra a covid. Xa pasaron 364 días desde aquela primeira inxección en Galicia.

Nieves Cabo foi a primeira galega vacinada. Despois da dela administráronse máis de cinco millóns e medio de doses. Hai 2.342.121 galegos coa pauta completa. Arredor dun 86 por cento da poboación.

A maioría son mulleres, e o concello coa maior porcentaxe é O Pino, cun 97,6 por cento. O que ten a menor é Negueira de Muñiz, co 60 por cento.

A vacina segue a ser a aposta das autoridades sanitarias para facerlle fronte á sexta vaga da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade