Cargando resultados...
O incendio dunha escola de secundaria deixa 19 mortos na Güiana
O lume comezou no cuarto en que durmían as estudantes
Morreron 18 alumnas e un neno de cinco anos

G24.gal
23/05/2023 09:53
Incendio na residencia dunha escola da Güiana. Neste terrible suceso morreron cando menos 18 nenas, estudantes de secundaria, e un neno de cinco anos, fillo dunha coidadora do centro. Outras 21 persoas quedaron feridas, hai varias en estado crítico.
As primeiras investigacións apuntan a que o lume que comezou no cuarto de rapazas da escola dunha pequena localidade mineira tivo orixe premeditada, aseguran as autoridades. O cuarto quedou totalmente consumido polas lapas. O teito de folla de lata derrubouse e só quedaron as paredes en pé.