Publicador de contidos

Publicador de contidos

180 adegas participaron no Primeiro Encontro do Viño Galego Revera Vinum

180 adegas participaron no Primeiro Encontro do Viño Galego Revera Vinum

Foron tres días de catas, premios, charlas e talleres

G24.gal 24/03/2022 14:09

O Primeiro Encontro do Viño Galego Revera Vinum clausurase hoxe, pero os que queiran poden seguir participando ata o domingo nas 6 rutas do viño que se realizan en Santiago por 36 bares e restaurantes.

O encontro, organizado pola Asociación Hostaleira de Compostela, acolleu 180 adegas de todas as denominacións de orixe: Rías Baixas, O Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, e das indicacións xeográficas protexidas de Galicia: Betanzos, Barbanza-Iria, Ribeiras do Morrazo e Val do Miño-Ourense. Isto fixo posible que os asistentes puideran catar uns 300 viños diferentes. 

Segundo o Directivo Asociación de Hostaleira Compostela, Javier Míguez , o Encontro foi todo un éxito con máis de 1000 asistentes o primeiro día e o dobre onte.

Ademais das catas, no Primeiro Encontro do Viño de Galicia houbo degustacións doutros produtos galegos, charlas, talleres e premios. Os organizadores están decididos a que o evento teña continuidade, aínda que non saben con que periodicidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade