Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entroido en Vigo: 18 comparsas enchen de creatividade o desfile

Entroido en Vigo: 18 comparsas enchen de creatividade o desfile

O desfile ofreceu propostas do máis variado nos disfraces: desde a acuicultura das bateas ata a teoría da relatividade de Einstein

G24.gal 01/03/2025 21:41

O Entroido encheu tamén de ambiente as rúas de Vigo este sábado. Unha comparsa que representa algo tan inmaterial ou abstracto como a teoría da relatividade de Einstein. Un cometido para o que un ingrediente básico é, sen dúbida, a imaxinación. Creatividade tamén a despregada polos compoñentes dunha comparsa inspirada na acuicultura das rías galegas, coas bateas na cintura e bivalvos danzantes, incluso en cadeiras, como fan os integrantes da asociación APAMP.

Algunhas comparsas veteranas levan meses preparando o estilismo de cada Entroido. Na Luces de Tomiño optaron este ano pola realeza. 18 agrupacións de distintos puntos da comarca participaron no desfile. Unha festa en que gozan maiores e sobre todo os cativos. O entroido máis moderno e variado que sempre enche de cor as rúas das cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar