Cargando resultados...
162.000 galegos renunciaron a vacinarse contra a covid
A taxa de non vacinados dispárase no grupo de 5 a 12 anos

G24.gal
15/03/2022 20:22
Máis de 162.000 galegos renunciaron a vacinarse contra a covid. Son o 6 % dos convocados, pero o rexeitamento da vacina aumenta nos nenos de entre 5 e 12 anos.
O 26 % dos pequenos de esa idade non levou sequera a primeira dose. O dato contrasta coa elevadísima porcentaxe de poboación adulta vacinada en Galicia, das máis altas de España.