Máis de 150 palestinos resultaron feridos en enfrontamentos coa policía israelí na Explanada das Mesquitas en Xerusalén
Máis de 150 palestinos resultaron feridos en enfrontamentos coa policía israelí na Explanada das Mesquitas en Xerusalén
A mesquita de Al Aqsa, epicentro dos incidentes
Medra a tensión tras 24 días de disturbios nos territorios ocupados

Máis de 150 palestinos resultaron feridos en enfrontamentos coa policía israelí na Explanada das Mesquitas en Xerusalén.
Segundo as forzas de seguridade, os incidentes comezaron co lanzamento de paus e pedras por parte dun grupo de mozos, ao que os antidisturbios responderon con balas de goma.
Os incidentes son o último capítulo de case un mes de violencia crecente nos territorios ocupados. Nos últimos dous días, sete palestinos morreron en enfrontamentos coa policía israelí.