Cargando resultados...
15.000 metros cadrados da historia de Pontevedra escavados no mosteiro de Santa Clara
Descubriron 26 tumbas na zona norte do conxunto, nalgunhas das cales atopáronse restos humanos
O equipo arqueolóxico tamén descubriu cinco tumbas e caixas de madeira con máis restos na zona da portería.
G24.gal
26/09/2022 17:16
Adentrámonos nos segredos dun convento, trátase de coñecer un pouco mellor o convento de Santa Clara, en Pontevedra. Este é o propósito do traballo das escavacións arqueolóxicas e do baleirado documental que se vén levando a cabo durante os últimos meses neste espazo. Foron sete séculos de Santa Clara pechado á cidadanía. E xa comezamos a coñecer algún dos seus misterios.