Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concurso de danza Vigo Porté reúne 1.500 participantes na súa duodécima edición

O concurso de danza Vigo Porté reúne 1.500 participantes na súa duodécima edición

Escolas de Galicia, resto de España e Portugal presentan 400 coreografías a concurso

Compiten diversas categorías segundo idades, de 2 a 75 anos, e varios estilos musicais

A gran final será este domingo no auditorio Mar de Vigo

G24.gal 26/04/2024 20:41 Última actualización 27/04/2024 09:43

O evento de danza Vigo Porté acada a duodécima edición, consolidándose entre os mellores festivais do panorama nacional. Hai participantes de Galicia, o resto de España e Portugal.

Un total de 1.500 alumnas e alumnos de 38 escolas, procedentes de Vigo, sobre todo, participan na actual edición, que arrancou este venres e rematará o domingo.

As categorías van en función das idades (mini, infantil, júnior e absoluta) e disciplinas (clásica, folclore, fusión, lírica, musicais+BSO e urbana), tanto en actuación individual, a dúo ou colectiva.

Grandes nomes da danza contemporánea como Ángel Lara, Arancha Carmona, Christian Sánchez ou David Campos, compoñen o xurado encargado de designar os finalistas e a posteriori gañadores do concurso. A gran final será o domingo e nela estará o coñecido coreógrafo Poty.

Ademais das coreografías que cada escola presenta a concurso, o evento inclúe varias master class, a cargo dos recoñecidos mestres Juan Polo, agora no Royal Ballet de Londres, e Toni Espinosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade