Publicador de contidos

12 detidos e 30 kg de cocaína incautados nunha operación antidroga no Salnés

12 detidos e 30 kg de cocaína incautados nunha operación antidroga no Salnés

Houbo rexistros en Vilagarcía, Cambados, Meis e na Coruña

A operación continúa aberta 

ana lois 03/12/2021 19:40

Unha operación antidroga no Salnés remata ata o momento con 12 detidos e 30 kg de cocaína incautados. Con esta operación, os investigadores dan por desartellada unha rede asentada na comarca que distribuía droga a boa parte de Galicia. 
Non se trata de grandes narcotraficantes, dos que traen a droga de América do Sur. Nesta ocasión, os arrestados pertencen a unha escala intermedia entre os grandes capos da droga e os que a venden a pé de rúa. Son xente que manexa cantidades de poucos quilos, pero que ten un papel esencial na distribución.
De momento, a Policía e a Garda Civil fixeron rexistros en Vilagarcía, en Cambados e tamén na Coruña. A operación, en que colaboran membros da UDYCO de Pontevedra e da EDOA da Coruña, continúa aberta e poderían producirse máis arrestos nas vindeiras horas. A investigación está baixo segredo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade