Cargando resultados...
100 anos de Pasolini
A figura do artista italiano emerxe con forza con cada nova relectura da súa obra
G24.gal
29/03/2022 07:34
Escritor e cineasta, pero, sobre todo, librepensador. Fai 100 anos do nacemento de Pier Paolo Pasolini, un artista que revolucionou a intelectualidade co seu discurso crítico. Máis de 40 anos despois da súa morte, a obra de Pasolini é fundamental para entender a evolución social e política do mundo no transcurso do século XXI.