Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Xustiza? A miña nena non a vou volver ter na vida", di o pai de Desirée

"Xustiza? A miña nena non a vou volver ter na vida", di o pai de Desirée

As acusacións popular e particular agardan que a xuíza decrete a pena de prisión permanente revisable

José Manuel Leal, nunha aperta co seu avogado, tras coñecerse o veredicto José Manuel Leal, nunha aperta co seu avogado, tras coñecerse o veredicto
G24.gal 15/02/2022 13:56

"Xustiza? A miña nena non a vou volver ter na vida", foi a primeira reflexión do pai de Desirée Leal tras coñecer o veredicto de culpabilidade. "O que si é que fixemos todo o que estaba na nosa man", explicaba José Manuel, quen neste xuízo exercía a acusación particular contra a súa exmuller, Ana Sandamil.

José Manuel Leal agradeceu o labor do xurado, tras a decisión que tomou, aínda que el mesmo aseguraba que o caso parecía claro, unha vez que se descartaba que houbese un brote psicótico. "Alguén así non agocha probas", afirmaba.

O pai de Desirée agarda, e practicamente dá por feito, que a sentenza da xuíza recolla a petición das acusacións de prisión permanente revisable para Ana Sandamil.

O seu avogado, Manuel Ferreiro, que representaba a acusación particular, cre que "é un veredicto moi motivado, e que o pai consegue a xustiza que buscaba".

Moi contundente foi o avogado da acusación popular, Francisco José Lago, en representación da fundación Amigos de Galicia, quen tamén practicamente dá por feito que non pode haber outra condena que non sexa a de prisión permanente revisable. Ao mesmo tempo fixo unha reflexión sobre a familia da nai de Desirée, a quen lle criticou a actitude durante o xuízo: "En todo momento a dotou de cobertura e non atendeu ao interese que se protexía, que era a vida dunha menor", afirmou o letrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade