Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xosé Enrique Acuña: "Mercedes Mariño xa reclamaba que a metade do goberno fose para as mulleres"

Xosé Enrique Acuña: "Mercedes Mariño xa reclamaba que a metade do goberno fose para as mulleres"

 ‘Estrela e eclipse de Mercedes Mariño’ narra a traxectoria desta artista destacada no cine, no teatro e na música do século XX

‘El veneno de un beso’ (Cuba, 1929) converteuna na primeira actriz galega cun papel protagonista nunha longametraxe en América

M. Mariño foi a primeira actriz galega nos teatros de New York, e a primeira en encarnar a Dona Inés na obra de Zorrilla 

G24.gal 07/04/2025 14:31 Última actualización 07/04/2025 16:54

"O mundo non estará ben rexido ata que o Goberno estea formado por homes e mulleres, en igual proporción".

A frase díxoa en 1932 Mercedes Mariño. Unha artista republicana, feminista, comprometida  e a primeira actriz galega que triunfou nos grandes musicais de Nova York. Mercedes Mariño foi unha estrela mundial na primeira metade do século XX e tivo un final tráxico.

Foi unha estrela , en Cuba, en Nova York, no Madrid da República. Porén, pouco ou nada sabiamos dela ata que o  investigador Xosé Enrique Acuña recuperou a súa historia que despois publicou no libro 'Estrela e eclipse de Mercedes Mariño'.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos