Xoán Xosé Cabanas Cao: "Viñamos do Súper 8 e de sectores diferentes, pero a fascinación pola imaxe uniunos"
Xoán Xosé Cabanas Cao: "Viñamos do Súper 8 e de sectores diferentes, pero a fascinación pola imaxe uniunos"
En 1981 nace Espello Vídeo Cine, foi primeira empresa galega no mercado profesional do vídeo
O Ciclo programa catro sesións, divididas en bloques temáticos, para ofrecer unha crónica da Galicia dos oitenta
Próximas sesións: '1081-1983: unha crónica política', 9 de outubro e '1982: unha crónica cultural', o 11 de outubro
A comezos dos anos 80 non tiñamos nin TVG, nin escolas de imaxe e son... nin móbiles que nos permitiran gravalo todo. E aínda así xa había profesionais que capturaron momentos coma estes, a Festa da Poesía. Era abril de 1982 e viamos a Lois Pereiro recitando. E tamén o ambiente do I Concurso de Rock da Coruña en xullo do mesmo ano, o 82.
Imaxes que son a crónica dunha Galicia que se asomaba á autonomía, que aínda non tiña televisión de seu, pero que contaba co traballo dos profesionais de Espello Vídeo Cine, que gravaban o que acontecía nas rúas, na política ou na cultura daqueles 80.
Agora a Filmoteca de Galicia recupera nun ciclo de catro sesións parte dos seus fondos desta empresa. Unha das testemuñas directas foi sen dúbida o produtor Xoán Xosé Cabanas Cao.