Cargando resultados...
Víctor López-Rúa: "As miñas pinturas son como fotogramas en suspensión"
O pintor coruñés Víctor López-Rúa comezou a súa traxectoria en Madrid e tamén traballou fóra de España
Son obras de "inquietante estrañeza" que convidan a libre interpretación do espectador
En maio exporá en Madrid e os seus traballos tamén viaxarán a unha galería mexicana
G24.gal
15/04/2024 14:33
Última actualización 15/04/2024 16:17
Personaxes inquietantes en situacións estrañas xorden de escenarios onde a natureza galega amosa o seu máximo esplendor. Así é o traballo do pintor coruñés Víctor López Rúa, quen incita ao espectador a establecer un diálogo coas súas obras para interpretar libremente o enigma que ocultan. No ZigZag vímolo traballar no pazo de Pontevedra onde ten o seu estudo.